Friday 22 de November de 2024

A Xunta certifica que 9 praias da Comarca de Ferrol están incluidas este ano na Rede de Praias sen Fume


O concello de Fene entra nesta rede por primeira vez cun areal e Valdoviño incorpora unha nova praia

A Xunta informa que a comarca de Ferrol terá incluída, este verán 9 areais formando para da Rede de Praias sen Fume. Como principal novidade este ano Fene se incorpora a este rede cun areal e Valdoviño incorpora unha nova praia ao listado pasando a ter dúas nesta categoría.

A rede de Praias sen Fume parte da premisa da Consellería de Sanidade que, a sabendas de que o consumo de tabaco e a primeira causa de morbilidade e de mortalidade evitable, plantexa que non fumar na praia é un paso máis para conseguir unha sociedade sen tabaco para todos e entre todos.

O Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco, da Dirección Xeral de Saúde Pública, recolle esta iniciativa co fin de estendela por todo o litoral galego, creando a Rede Galega de Praias sen Fume. Os obxectivos son promover unha vida sen tabaco, desnormalizar o consumo do tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico-positivo dos pais e nais e promover praias que respecten e coiden o medio ambiente.

Para o período estival deste ano 2018 están adscritos e confirmados ao programa 9 praias da comarca de Ferrol (A Fragata en Ferrol; A Concha, Morouzos en Ortigueira; Esteiro, Bares en Mañón; Chamalloso en Cabanas; Almeiras en Fene; Mourillá-Os Botes, Meirás en Valdoviño).

As praias sen fume invitan a absterse de fumar aos usuarios do areal, coa excepción dos espazos ao aire libre que se atopan nos locais de hostalería de cada un deles.

Ovidio Rodeiro destacou o “enorme valor natural, paisaxístico e ecolóxico das praias da provincia” e aproveitou a ocasión para agradecer a todos os Concellos “o esforzo que están a facer por coidar e potenciar as súas zonas turísticas”. Felicitou tamén a Fene por dar “o paso adiante de eliminar os malos fumes en todos os seus areais” e a Valdoviño por incluir unha nova praia a esta rede. Lembrou que as cabichas tardan dez anos en degradarse no mar, máis tempo se se acumulan na área, e levan a pegada dos miles de compoñentes químicos que conteñen, tales como a nicotina ou o alcatrán, tamén tóxicos para a vida mariña.