Friday 22 de November de 2024

Boxeo, surf, windsurf e paddle surf, novidades das Escolas Deportivas de Verán


O prazo de inscrición principia o vindeiro 15 de xuño

O prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Verán 2018 arrancará o vindeiro 15 de xuño a partir das 10 horas e estará aberto ata o 22 de xuño ás 12 horas.

Nove son as escolas propostas dentro da iniciativa que promove a Concellería de Deportes.

1. Aerobic Mozos: para nados entre 2008 e 2002 e que se celebrará no complexo da Fieiteira.
2. Baloncesto: nados entre 2011 e 2002, no complexo da Fieiteira
3. Pádel: nados entre 2011 e 2002, no Centro de Raqueta Santa Uxía
4. Patinaxe: nados entre 2014 e 2002, no polideportivo de Artes
5. Tenis: nados entre 2011 e 2002, no complexo da Fieiteira
6. Triatlón: nados entre 2011 e 2002, no complexo da Fieiteira
7. Multideporte – Psicomotricidade: nados entre 2014 e 2012 no Complexo da Fieiteira
8. Xadrez: nados do 2011 ao 2002, na Casa da Xuventude de Riveira
9. Boxeo: nados entre 2012 e 2007 na Fieiteira

Tamén terán lugar tres actividades:

1. Campus de Rugby Verán 2018. De 8 a 12 anos. No campo de herba natural da Fieiteira.
2. Cursos de Iniciación ao Surf: do 2008 a 2000 na praia do Vilar.
3. Cursos de Iniciación a o Windsurf e Paddle Surf: nados entre 2008 e 2000 na praia de Coroso.

Os interesados poden cumprimentados a súa inscrición no formulario habilitado na páxina web do Concello de Riveira, www.riveira.gal. Tamén se poderá facer de xeito presencial na Oficina de Deportes situada no complexo da Fieiteira.

O comezo das clases está programada para o luns 2 de xullo.