Friday 22 de November de 2024

Cambre acolle o día 16 de xuño o I DIA DO DEPORTE NA RUA


A xornada comezará ás 11.00 horas e finalizará ás 14.00 horas

O Concello de Cambre organizará o vindeiro día 16 de xuño o I Día do Deporte na Rúa. O centro de Cambre vivirá unha xornada deportiva na que estarán presentes modalidades como o judo, tenis de mesa, fútbol, baloncesto, hockey, escalada, xadrez, tiro con arco, xincana, béisbol, chave, minitenis.

O edil de Deportes, Brais Cubeiro, asegura que trátase dunha xornada lúdica para todas aquelas persoas que se acheguen ao centro de Cambre onde poderán realizar desde una escalada, ciclismo, judo, baloncesto, ou un túnel de bateo, entre outras moitas modalidades”.

O departamento de Deportes conta coa inestimable colaboración das entidades deportivas locais.

O Concello distribuirá tarxetón no que os particpantes poderán selar os deportes que practiquen durante a xornada e ao rematar o evento entregaráselles un agasallo.

Non hai preinscripción polo que apoderan participar todos aquelas persoas que o desexen. A actividade terá lugar no campo da feira, parque da igrexa, praza Europa, e pista polideportiva do CEIP Wenceslao.