Friday 22 de November de 2024

Setenta nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro conmemoran o Día do Medio Ambiente participando no espectáculo “Ti tamén contas”


O Concello de Lousame conmemorou hoxe o Día Mundial do Medio Ambiente co espectáculo “Ti tamén contas”, unha iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade posto en escena pola compañía “A Tropa de Trapo”. Un espectáculo ao que asistiron esta mañá máis de setenta cativos de 3º, 4º e 5º de Primaria do CPI Cernadas de Castro.

A concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo, foi a encargada de dar a benvida á rapazada e de lembrarlles a importancia de reutilizar e reciclar correctamente os plásticos. “O 50% do plástico que usamos é dun só uso ou desechable, constituíndo o 10% dos residuos que xeramos. É preciso racionalizar o seu consumo e facilitar a súa reciclaxe e recuperación”, indicou a concelleira.

Unha mensaxe do consumo responsable, do coidado do medio ambiente e da cooperación que reforzaron os integrantes de “A Tropa de Trapo”, a través de dinámicas activas, música e un espectáculo moi interactivo cos rapaces e rapazas presentes. Un espectáculo de sensibilización que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que pasará este ano por Laxe, Miño, Cabana de Bergantiños, Ponteareas, Redondela, Caldas de Reis, Tomiño e Carballo.