Friday 22 de November de 2024

A Xunta participa na cuarta edición da marcha solidaria Camiño da Diversidade organizada pola Fundación Ingada


A finalidade desta iniciativa é dar visibilidade e concienciar á sociedade sobre o TDAH e os trastornos asociados, así como da diversidade funcional

A Consellería de Política Social apoiou unha nova edición do Camiño da Diversidade da Fundación Ingada, coa participación das directoras xerais de Familia e Xuventude, Amparo Gozález e Cecilia Vázquez, respectivamente, na marcha solidaria que percorreu un tramo da ruta inglesa entre a localidade de Sigüeiro e a praza do Obradoiro.

Este é o cuarto ano que a Fundación Ingada promove esta andaina, que baixo a denominación ‘Camiño da Diversidade’, ten como finalidade de facer máis visible e concienciar ao conxunto da sociedade sobre o TDAH e os trastornos asociados, así como da diversidade funcional.