Friday 22 de November de 2024

Un centenar de afeccionados ao ciclismo na natureza participaron na IX Ruta Río Ulla en BTT de Touro


Arredor de 100 afeccionados ao ciclismo na natureza participaron na IX Ruta Río Ulla en BTT en Touro. Na saída e durante o percorrido caeron algunhas cotas de auga, que non desanimaron aos ciclistas. Os participantes situáronse puntualmente na meta, instalada diante da sede do Concello de Touro, para tomar a saída. Antes de iniciar a ruta non competitiva polas pistas orteáronse cinco fins de semana en varios establecementos hoteleiros de Touro. Os arredor de 100 ciclistas comenzaron pasadas ás 9.30 horas o percurso que os levou polas paraxes máis fermosas da comarca de Santiago, nas ribeiras do Ulla.

Os participantes percorreron 30 quilómetros por plena natureza e acompañando o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro. A ruta, xa consolidada no calentario de probas de BTT, tiña unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta. Os máis rápidos empregaron arredor dunha hora en completar o percorrido. Colaboraron na organización da proba a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa. Antes da proba sorteáronse cinco fins de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas (Beseño), Casa Míguez (Quión), Pazo de Andeade (Andeade), Divina Pastora (Loxo) e Fogar de Ínsua (Prevediños).