Saturday 16 de November de 2024

Este sábado, recepción dos xogadores do VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns


Tivo lugar no salón de plenos de Ordes unha recepción de benvida aos xogadores e cadro técnico dos catro equipos participantes do VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns, o cal se está a desputar ata mañá no pavillón Castelao I.

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, desexoulles sorte a resaltou a importancia “dos valores tan importantes que se aprenden co deporte, sobre todo si leva a cabo en equipo”. Compartiu a súa “alegría e satisfación porque este torneo se celebre aquí”, sentimento ao que tamén fixo referencia a concelleira da área de Deportes, Ana Soneira. Pola súa banda Ana del Río Otero, presidenta do Club A.C. Órdenes, agradeceu “todo o apoio e colaboración que sempre se brinda por parte do Concello de Ordes cada vez que o solicitamos”. Julio Parga, vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe, foi outro dos que participou neste acto. Aludiu a amizade con outros compañeiros e compañeiras como “o mellor que ofrece o feito de practicar algún deporte”. Para concluír o presidente da federación agasallou ao rexedor e á máxima representante do club ordense cunha camiseta.

O VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns está organizado pola Federación Galega de Patinaxe e o Club AC Hóckey Órdenes, os cales contan coa colaboración do Concello de Ordes.