Friday 22 de November de 2024

As persoas xurídicas deberán relacionarse co Concello de Ordes electronicamente


O Concello de Ordes anuncia que a partir de hoxe, 1 de xuño, as persoas xurídicas que precisen realizar un procedemento administrativo na Administración local deberán facelo a través de medios electrónicos.

Por todo isto o Rexistro Xeral do Concello non admitirá documentos presentados de maneira presencial, en base á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas no seu artigo 14.2.

Dende o Concello de Ordes lamentamos as molestias que este novo xeito de proceder poida supoñer nun primeiro momento, e manifestamos a predisposición das nosas empregadas e empregados públicos para solucionar calquera dúbida.