Saturday 16 de November de 2024

Os Concellos de Frades e Mesía organizaron conxuntamente un curso de aplicador / manipulador de produtos fitosanitarios


Os Concellos de Frades e Mesía organizaron conxuntamente un curso de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, que se desenvolveu en sesións de fin de semana, de 9:00 a 14:00 horas, na casa da cultura de Mesía e no multiúsos de Frades. Un curso formativo impartido por Recursos Galicia e ao que asistiron 25 veciños e veciñas de ambos municipios.

Un curso homologado pola Consellería do Medio Rural e que capacitou ao alumnado a obter o carné de aplicador de fitosanitarios, que dende novembro de 2015 é obrigatorio para poder adquirir, vender, manipular ou aplicar produtos fitosanitarios. Este é o terceiro curso de aplicador de fitosanitarios que ten lugar en Frades, se ben os dous anteriores foran organizados unicamente polo Concello de Frades e neles participaran un total de 59 veciños e veciñas.