Por mor das obras no SUNP-11 do Castiñeiriño, dende o 27 de novembro, e por un período de dúas semanas, a rúa da Estrada quedará cortada dende o cruce da mesma coa travesa da Estrada ata a rúa do Castiñeiriño.
Debido a este corte, as liñas C5 e C6 realizarán os seguintes desvíos:
Liña C5: Itinerario habitual por Restollal, rotonda de Castiñeiriño e Castiñeiriño nº 1, para desviarse por Paxonal e rúa Manuel Vázquez Cacharrón, retomando o seu itinerario na rúa Santasmariñas.
– Paradas suprimidas liña C5: rúa da Estrada nº 74 e rúa da Estrada nº 28.
– Paradas alternativas liña C5: Paxonal nº 63 e Paxonal nº 29-31.
Liña C6: Itinerario habitual por Picaños e Santasmariñas, para desviarse por rúa Manuel Vázquez Cacharrón e retomando o seu itinerario na rotonda inferior da vía de servizo do Paxonal.
– Paradas suprimidas liña C6: rúa da Estrada nº 28, rúa da Estrada nº 76, Paxonal nº 63 e Paxonal nº 29-31.
– Paradas alternativas liña C6: rúa da Estrada nº 4 e Paxonal (rotonda na confluencia coa rúa Canfranc)
O transporte escolar tamén utilizará a rúa Manuel Vázquez Cacharrón para o acceso ao centro escolar Ramón Cabanillas.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.