As presas de abastecemento de Cecebre, Eiras, Forcadas, Zamáns, Baiona e Beche presentan porcentaxes por riba da media, sendo o de Vilagarcía o que presenta a menor porcentaxe de volume encorado
Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 90,29 por cento da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 97,98 por cento, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 89,51 por cento. Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos a 28 de maio, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de encorado de 623,17 Hm3, dos 690,15 (volume total).
As presas abastecemento de Cecebre, Eiras, Forcadas, Zamáns, Baiona e Beche presentan porcentaxes por riba da media, sendo o de Vilagarcía (66,56 por cento) o que presenta a menor porcentaxe de volume encorado.
No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Ribeira é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 95,70 por cento. Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase un 15,5 por cento por debaixo, xa que o 28 de maio de 2017 estaban ao 74,01 por cento.