O Concello de Frades homenaxeou aos veciños e veciñas de máis de 90 anos que participaron este sábado na XXI Festa dos Maiores. Un acto no que recibiron unha estatua conmemorativa de mans do alcalde, Roberto Rey, e dos concelleiros da Terceira Idade, Jesús Francos; Servizos Sociais, Ángeles Carro; Ensino, Manuel Ferreiro; Obras, Ramón Garabato; e Medio Ambiente, Juan Carlos Portos.
Os 15 homenaxeados foron (de dereita a esquerda na foto): Isolina Souto Ares (93 anos, Papucín), Carmen Iglesias Fernández (90 anos, Ledoira), Visitación Bello Couceiro (96, Ledoira), Jesús Carro Mandaio (95 anos, Papucín), Concepción Barreiro Méndez (90 anos, Abellá), Isabel Fernández Regueira (92 anos, Gafoi), Ramiro López Cotón (100 anos, Aiazo), Concepción Veiras García (95 anos, Aiazo), Clodomiro Cabanas Naveiro (95 anos, Aiazo), Antonio García García (92 anos, Moar), Rosalía García Corral 92 anos, Moar), María Josefa Villaverde (90 anos, Abellá), Edelmiro Souto Iglesias (96 anos, Gafoi), Dolores Dono Suárez (95 anos, Papucín) e Guillermo Mirás Sánchez (92 anos, Galegos).