Esta fin de semana tiveron lugar os campionatos Galegos S16 e S18 de atletismo. María Pena regresou do Barco de Valdeorras como a nova subcampioa galega S16 de lanzamento de xavelina, mentres que Lara López conseguiu a medalla de bronce en 400 m na categoría S18.