Dende o Concello de Ordes felicitamos e manifestamos o noso orgullo por Manuel Castro Rodríguez, dende hoxe subcampión de España cadete de taekwondo (41 quilos). Un éxito acadado tras a súa actuación na localidade de Oropesa do Mar (Castellón). O integrante do Club de Taekwondo Boudsport desprazouse ata alí como membro da selección galega. Na mesma competición a súa compañeira de club Carla Diéguez Veiras posicionouse na quinta posición.