A AECC Ordes realizou unha visita á Casa Grande de Xanceda. Un bo número de socias tiveron ocasión de facer un percorrido pola granxa ecolóxica situada no municipio de Mesía, e comprobar de primeira man como se elaboran queixos, iogures e outro tipo de produtos ecolóxicos. Non só isto, senón que ademais tiveron a sorte de facer o camiño de volta á casa con bolsas cheas destes deliciosos e saudables produtos. Por todo isto, pero sobre todo pola exquisita atención que lles brindaron, a AECC Ordes agradece a todas e todos os traballadores deste espazo a tarde de onte.
Ademais de todo isto percorreron o paseo creado en solidariedade cos enfermos e enfermas de cancro. Para poder desfrutalo cada persoa achega 1 €.