Friday 22 de November de 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Boqueixón do 29 ao 31 de maio


O martes estará en O Forte, o mércores en Camporrapado e o xoves en Lestedo

A unidade móbil de doazón de sangue estará no municipio de Boqueixón durante a próxima semana. Máis concretamente, poderase visitar nas parroquias de Boqueixón, Camporrapado e Lestedo.

Así, a primeira parada realizarase o próximo martes 29 de maio no Forte, diante do centro de saúde. O horario de apertura será de 09.30 a 14.30 horas.

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase o mércores 30 de maio a Camporrapado, diante do Bar O Nervioso. Estará aberta entre as 15.30 a 21.00 horas.

O xoves 31 de maio poderase doar en Lestedo entre as 15.30 e as 21.00 horas. O autobús estará fronte Abanca.

Dende o Centro de Transfusión de Galicia lembran que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar débense agardar 2 horas. Os interesados e interesadas teñen que levar a tarxeta de doador ou doadora, DNI ou documento similar. Deberase informar ao médico de cabeceira se está a tomar algún medicamento.