Saturday 16 de November de 2024

Xornada clausura Escolas Deportivas Municipais 2017-2018


A Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal, organiza XORNADA DE PECHE DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, que terá lugar o vindeiro sábado, 26 de maio, no Pabellón Municipal de Venecia, a partir 19.00h.

Con esta xornada queremos poñerlle o broche final a estes últimos meses de actividades física e deportiva.

Realizaranse diversas exhibición deportivas: una serie de coreografias de Patinaxe Artística, Baile latino e exhibicións de Artes Marciais, Acrobacias e exhibicións do CAD.
Queremos convidar a todos/as os/as veciños/as a asistir e apoiar os/as nosos/as deportistas , e gozar das habilidades e destrezas que estes adquiriron co seu esforzo en cada adestramento o longo deste último ano .

Agradecemos a colaboración de todos os clubes do noso Concello por o seu traballo durante toda a tempada e nesta xornada.