Friday 22 de November de 2024

Os nenos e nenas de Ordes métense na cociña


O Concello de Ordes continúa perfilándose como berce de auténticos mestres da cociña. E todo iso grazas ás boas dotes culinarias de Manuel Iglesias Vieites, cociñeiro e mestre dos cursos organizados dende o Concello. Nesta ocasión foi a quenda para nenos e nenas de 8 a 16 anos, que acaban de rematar o curso infantil no que 17 deles, durante todo o mes de novembro, aprenderon a elaborar pizza, spaghetti á carbonara, croquetas variadas, chocolate fundido ou biscoito de laranxa.