Concello de Riveira e a Federación Galega de Atletismo organizan o vindeiro domingo 3 de xuño de 2018 o II Medio Maratón Riveira21, que será a súa vez Campionato de Galicia absoluto e das categorías júnior, promesa e veteráns. A proba disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros.
O concelleiro de Deportes Anxo Orellán, o secretario da Federación Carlos Castro e Juan Manuel Olveira en representación do Club Atletismo Santa Uxía ofreceron detalles dun evento que arrancará ás 10 horas dende o porto de Aguiño e cuxo trazado irá en dirección a Riveira, vidade na que se darán dúas voltas a un circuíto urbano dende o Malecón ata Coroso. O percorrido está homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.).
Hai dúas formas de participar. As inscricións populares realizaranse a través da pasarela da páxina web www.carreirasgalegas.com (estará operativa ata o mércores 30 de maio ás 23.59 horas do día de 2018). Aqueles que opten ao campionato de Galicia poderán anotarse en https://isis.rfea.es/sirfea2/.