Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame organiza unha charla formativa sobre a avespa velutina, que terá lugar mañá mércores na Casa da Cultura


O Concello de Lousame, en colaboración coa Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, organiza unha charla formativa sobre a avespa velutina, que terá lugar mañá mércores 23 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

A charla será impartida por José Luís Puerta Villegas, xefe de área de Inspección Veterinaria da Xunta de Galicia, e por Luís Manuel “Lolo” Corral Andrade, entomólogo e técnico de Protección Civil, considerado un dos principais expertos nesta especie invasora. Nela, ambos poñentes empregarán diverso material gráfico e obxectos relacionados coas avespas asiáticas para explicar distintas fórmulas de captura e seguemento.