Saturday 16 de November de 2024

Cen veciños e veciñas de Frades percorren a última etapa do tramo galego do Camiño de Santiago: Arca – Praza do Obradoiro


Ante o éxito da iniciativa, o Concello de Frades organizará novas etapas para continuar o Camiño ata Fisterra

Un centenar de veciños e veciñas de Frades participaron este sábado na derradeira etapa do tramo galego do Camiño de Santiago, iniciado o 31 de outubro de 2017. Un camiño que os levou a percorrer os 159 quilómetros do tramo galego do Camiño, entre O Cebreiro e a Praza do Obradoiro, en sete etapas, que tiveron lugar un sábado de cada mes, sempre que o tempo así o permitiu.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, acompañou aos camiñantes durante os 20 quilómetros desta derradeira etapa, entre Arca (O Pino) e a praza do Obradoiro. Unha derradeira etapa na que todos os participantes acordaron xantar nun lugar común para celebraren a conclusión da iniciativa, na que se mantivo unha media de 80/85 participantes. De feito, ante este boa acollida, o alcalde de Frades adianta que “unha vez remate o verán retomaremos o Camiño ata Fisterra”.