Friday 22 de November de 2024

Ovidio Rodeiro informa que a Xunta leva asumidos dende o ano pasado 12 centros de saúde na provincia da Coruña


O delegado territorial visitou as instalacións do centro de saúde de Laxe, acompañado polo alcalde do Concello, José Manuel Mouzo
O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Laxe, José Manuel Mouzo, visitaron as instalacións do Centro de Saúde de Laxe que foi asumido fai uns días polo Servizo Galego de Saúde. Este convenio permitirá que os custos de mantemento correrán a cargo da Xunta de Galicia. Coa incorporación destas instalacións xa son 12 os centros que o Servizo Galego de Saúde asumiu como propios dende o ano pasado. (Laracha, Laxe, Vilasantar, As Pontes, Mugardos, Boiro, Brión, Touro, Carral, Cariño, Boqueixón e Carnota)

O delegado territorial puxo en valor o importante esforzo que se está a facer dende a Consellería de Sanidade para facerse cargo da transferencia de destes centros xa que “o custo anual previsto para manter estas 25 instalacións será de 1,4 millóns ao ano”. O proceso de asunción desta cesión é voluntaria por parte dos concellos, que previamente asinan uns convenios nos cales se establecen as bases de cooperación co Sergas para a cesión da propiedade do centro. O Concello comprométese a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios a fin de posibilitar a cesión patrimonial do local libre de cargas e gravames, así como a aprobar determinadas exencións e bonificacións fiscais.

Ovidio Rodeiro destacou que con este paso a Xunta de Galicia libera dun importante gastos as arcas municipais dos concellos e ao mesmo tempo garante a prestación dun servizo público de calidade e o mantemento adecuado destes centros de saúde. No caso concreto do centro de saúde de Laxe, que ten unha superficie total construída de 354 metros cadrados, o seu mantemento para seis meses do ano 2017 foron estimados pola Xerencia de Xestión Integrada da Coruña en 13.960 euros.