Friday 22 de November de 2024

O Concello de Frades abre as inscricións na XX Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o sábado 26 de maio na carballeira de San Nicolao


O Concello de Frades abre o prazo de inscrición na XXI Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o vindeiro sábado 26 de maio na carballeira de San Nicolao e que contará coa presenza do alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, da corporación municipal e dun representante da Xunta de Galicia, aínda por confirmar. Unha festa á que están convidados todos os veciños e veciñas de máis de 60 anos e que estean empadroados en Frades, así como as súas parellas.

A participación no xantar e nas distintas actividades da XXI Festa dos Nosos Maiores é totalmente de balde, se ben é preciso confirmar asistencia nos Servizos Sociais do Concello (981 695 567) ou ben poñéndose en contacto cun concelleiro/as da parroquia antes do 22 de maio. Nese momento, o veciño deberá indicar se precisa servizo de autobús, pois en caso contrario entenderase que usará transporte particular.

O programa de actividades para a XXI Festa dos Nosos Maiores comezará ás 13:00 horas cunha misa, que dará paso á actuación do Dúo Eva e Camilo. Ás 14:30 horas terá lugar un xantar a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, café e bebida nunha gran carpa habilitada para a ocasión. A partir das 16:30 horas, a música correrá a cargo dos grupos folclóricos “Sarillo” (Aiazo) e “Pinga de Troula” (Galegos), así como do Dúo Eva e Camilo. Paralelamente, na Carballeira de San Nicolao haberá xogos populares e ás 18:00 horas terá lugar a tradicional homenaxe do Concello de Frades ás persoas maiores de 90 anos presentes na festa.