O Club Natural Sport Videlgi foi obxecto na tarde de onte dunha recepción oficial na Casa do Concello con motivo dos títulos como campións galegos sub 21 e cadete conquistados o mes pasado na localidade de Ordes.
O director técnico do club, Juan Martínez Queiruga, agradeceu este xesto e salientou que o riveirense é o único club en lograr nun mesmo ano os catro títulos oficiais autonómicos despois de que obtivera tamén o junior e o absoluto, xa por segunda ocasión.
O alcalde Manuel Ruiz salientou que o Natural Sport xa ocupa por merecementos propios un lugar na historia de Riveira.