O atrio da Igrexa de Fruíme acollerá a partir das 12:00 horas unha ofrenda floral, unha charla de Carlos García Cortés e as actuacións musicais de Canlebó, O Son do Pote e Zernadas de Castro
16 de maio de 2018.- O Concello de Lousame conmemorará o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Diego Antonio Zernadas de Castro, máis coñecido como “O cura de Fruíme”. Unha celebración que ten lugar por terceiro ano consecutivo e coa que Lousame quere poñer en valor a figura deste crego, poeta e ilustrado do século XVIII.
O acto terá lugar mañá xoves 17 de maio, ás 12:00 horas, no atrio da Igrexa de Fruíme. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, será a encargada de dar a benvida a todas as persoas que se acheguen ata Fruíme e dará paso a unha pequena charla impartida por Xosé Manuel Rivas Troitiño, profesor emérito do Instituto Teolóxico Compostelano e autor do libro “O cura de Fruíme: Diego Antonio Cernadas e Castro (1702-1777)”. Tras a súa intervención terá lugar unha ofrenda floral diante do busto de Diego Antonio Zernadas de Castro así como as actuacións musicais de tres grupos locais: Canlebó (Camboño), O Son do Pote (Tállara) e Zernadas de Castro (Fruíme).