Trátase de seguir apostando polo asociacionismo en Cambre de forma directa
O Concello de Cambre resolveu conceder preto de 100.000 euros ás entidades sen ánimo de lucro do concello. O prazo para xustificar a subvención finalizará o 31 de xaneiro de 2015. En concreto, o concello concedeu 96 subvencións a estas entidades que polo xeral realizan un labor social, deportivo e educativo en territorio municipal. Destínanse varias liñas de subvención, así outórganse para gasto corrente 8.000 euros ásAPAS e centros escolares, 25.000 euros a 30 entidades culturais e 22.000 euros a 29 entidades deportivas. Para investimento destas entidades non lucrativas destínanse 4.000 euros a oito entidades culturais, 7.000 euros a unha decena de entidades deportivas e 25.000 euros a outras asociacións de veciños e comisións. Trátase, segundo o propio alcalde, Manuel Rivas, se trata de seguir apostando polo asociacionismo en Cambre de forma directa. “Estas axudas permiten que estas asociacións sigan exisitiendo e cumprindo un papel esencial no noso municipio”, apuntou Rivas.