Medio centenar de alumnos europeos visitaron hoxe o Concello de Cambre con motivo da súa estancia formativa no IES David Buján de Sigrás no que tomarán parte no proxecto educativo “Sports and healthy food for inclusion”.
Os alumnos chegados de Italia, Holanda, Eslovenia, e España traballarán estes días nun proxecto que axude a paliar as tendencias negativas en materia de alimentación e actividade física.
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, recibiunos no Consistorio a primeira hora da mañá e animoulles a continuar co labor educativa que están a facer. Asemade, instoules a visitar o patrimonio cambrés nos días nos que se atopen no IES David Buján.