Friday 22 de November de 2024

Cuarta exhibición de ximnasia rítmica


Terá lugar este domingo a partir das 11 no polideportivo Castelao I. Participarán máis de media ducia de grupos de distintas localidades

O vindeiro domingo, 20 de maio, terá lugar ás 11 horas no pavillón Castelao I a cuarta exhibición de ximnasia rítmica. Os grupos escolares dos colexios Campomaior e Castelao estarán acompañados polos dos centros Barrié de la Maza (Santa Comba), Pecalama (Tordoia) e o Gándara-Sofán (Carballo), ademais das escolas de ximnasia rítmica de Carral e Oza-Cesuras. O acto, organizado pola academia Prisma, conta coa colaboración de Eroski, Gadis e o Concello de Ordes.