Wednesday 30 de October de 2024

Comeza a Exposición itinerante Estampas de Cambre


A mostra “Estampas de Cambre” poderase ver a partir de mañá 16 de maio no parque Ramón Barba do Temple. Na Barcala, na praza 1º de Maio o 1 de xuño, e no Campo da Feira de Cambre a partir do 15 de xuño.

A exposición recolle instantáneas da historia do Concello de Cambre a través das aportacións gráficas das familias cambresas. Neste senso, as imaxes recollen momentos das vidas dos veciños e veciñas do municipio e do patrimonio arquitectónico, natural e etnográfico cambrés. Colocaranse nove monolitos coas imaxes que se poderán ver nos devanditos espazos públicos.