Un neno de nove anos expón unha maqueta dunha cidade de Cambre da época imperial romana, composta de bonecos de playmobil, no Museo Romano de Cambre. O neno, Rodrigo Lorenzo Fernández, leva moito tempo contruíndo esta polis romana.
Nela pódense apreciar os desfiles do exército romano, as loitas dos gladiadores, os pescadores da época e os mercadillos e ata un navío cruzando polo Mero. É unha verdadeira recreación histórica que mostra detalles da cultura romana ao seu paso pola vila cambresa.
A Concellaría de Patrimonio que dirixe Ramón Boga organiza esta mostra que se poderá ver a partir do 19 de maio no Museo do Xacemento Romano de Cambre e leva por título “Playmobil ergo sum”.