A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de clausurar no día de hoxe o ciclo de charlas de apoio de competencias clave. Máis de 30 persoas participaron nesta nova convocatoria, a cal arrancou no pasado mes de marzo por parte do persoal do CIM, do Servizo de Prevención de Drogodependencias e do Servizo de Normalización Lingüística.
Susana García, concelleira de Benestar Social de Ordes, compartiu esta última xornada co estudantado, momento que aproveitou para interesarse polo exame realizado o pasado sábado.
Ademais da Mancomunidade de Ordes nesta iniciativa participaron tamén a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Fondo Social Europeo.