Friday 22 de November de 2024

350 nenos acudiron ao auditorio para presenciar un espectáculo contacontos


Con motivo da conmemoración do día Día Mundial contra a Violencia de Xénero, 350 nenos de primeiro de Primaria foron ao Auditorio Municipal para presenzar un espectáculo contacontos para educalos nos valores que se reivindican nunha data coma hoxe.

Os cativos –procedentes dos distintos centros escolares do municipio- estiveron repartidos en dous quendas, ás 10 e as 10.30 horas nunha actividade promovida pola Concellería de Igualdade a través do CIM, na que Caxoto fixo as delicias dos pequenos asistentes ao tempo que lles aprendeu a importancia de convivir en igualdade.

Marcha solidaria
Cómpre lembrar que o programa conmemorativo do Día contra a Violencia de Xénero continuará o vindeiro domingo 30 cunha Marcha Solidaria pola cidade na que pode participar calquera cidadá con independencia da súa idade. Sairá ás 11 horas da praza de España. Os interesados en participar poden inscribirse na páxina web www.riveira.es.