As preto de 120 persoas que participaron na xura de bandeira de persoal civil poderán recoller os seus certificados no Concello de Noia a partir do 11 de xuño
A Alameda de Noia acolleuo acto de xura de bandeira de persoal civil organizado polo EVA-10 e o Concello de Noia, no que participaron preto de 120 xurandos e que estivo presidido polo xeneral xefe do Sistema de Mando e Control do Exército do Aire, Rafael García Hernández, e polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón. O tempo acompañou, polo que centos veciños e veciñas de Noia e dos concellos da contorna se achegaron a disfrutar do acto e do desfile posterior pola rúa Rosalía de Castro.
Santiago Freire salientou que “este acto simboliza e representa a unidade e a gran colaboración que en todo momento existiu entre a vila de Noia e o Escuadrón de Vixilancia Aéra nº 10. Un escuadrón con vivendas e residencia de militares en Noia dende hai máis de 30 anos e que demostraron a súa capacidade de integración e colaboración non só co Concello de Noia, senón con todos os concellos da comarca do Barbanza”.
Freire Abeijón puxo en valor que “en reiteradas ocasións este corpo ten colaborado na loita contra moitas catástrofes, como a do Prestige, e ano a ano colabora na loxística coa unidade de emerxencias que vela pola protección de incendios e axuda tamén na extinción dos lumes en Galicia”. Neste sentido, o alcalde noiés tivo palabras de recordo para todos os comandantes e militares que pasaron polo EVA-10, así como de todas as forzas e corpos de seguridade do Estado, moitos deles representados no acto da Alameda.
Repercusión positiva
“Sentímonos orgullosos da bandeira de España, como tamén o estamos da bandeira galega, ambas perfectamente compatibles. E así llo quero trasladar aos aquí presentes e aos que poidan facer unha interpretación distinta”, indicou Freire Abeijón, quen lembrou que exhibicións coma as da PAPEA, o concerto de onte da Unidade de Música da Academia Básica do Aire ou esta xura de bandeira do persoal civil “forman parte dunha ampla programación que durante todo o ano levaremos a cabo para celebrar o 850 aniversario de Noia e promocionar e dar a coñecer a nosa vila non só a nivel comarcal, senón provincial, autonómico e mesmo nacional”. O alcalde amosouse convencido de que “actos coma este colaboran nesa difusión, ofrecen aos veciños a posibilidade de desfrutar dun evento destas características e tamén teñen unha repercusión positiva para a economía da nosa vila”.
Pola súa banda, o xeneral xefe do Sistema de Mando e Control do Exército do Aire, Rafael García Hernández, salientou que “la relación del Ejército del Aire con Noia se remonta al año 1980, cuando se crea el Escuadrón de Vigilancia nº 10. Esta creación responde a la necesidad que siente el Ejército del Aire de ejercer el control aéreo sobre la totalidad del espacio de soberanía nacional. Su ubicación la determinaron estudios técnicos y operativos, y fue elegido el pico Iroite”.
García Hernández indicou que “hasta hoy la relación, no sólo con Noia sino con las localidades de los alrededores, han contribuido a la integración del Ejército del Aire en la sociedad de la que forman parte”. Así mesmo, indicou que “en 2004 se finalizó la modernización de los medios de radar y telecomunicaciones. Quiero aprovehcar este acto para felicitar públicamente a todas las persoas del escuadrón por el esfuerzo realizado en estos años en los que han garantizado en todo momento la operatividad del escuadrón”.
Previamente ao discurso, tivo lugar todo o acto protocolario de recepción de autoridades, chegada da bandeira e xuramento ou promesa conxunta dos xurandos, que se achegaron despois individualmente a bicar a bandeira. Os certificados do xuramento poderán recollerse no Concello de Noia a partir do vindeiro 11 de xuño. O acto rematou ás 13:30 horas, despois dun desfile das forzas militares presentes pola rúa Rosalía de Castro, que quedou de inmediato aberta ao público.
Entre as autoridades presentes, figuraban o comandante do EVA 10, Juan José Váquez Moreira; o delegado de Defensa en Galicia, Juan Carlos Sancha Orduña; o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Luís Menor Pérez; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco J. Jambrina Rodríguez; o coronel do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa do Exército de Terra, Antonio Bernal Martín; o tenente coronel xefe SEA da Academia Básica do Aire, Jorge Álvarez García; o coronel director da Residencia Militar TG Barroso, José Aquilino Eiriz Picos; o xefe e o comandante do aeródromo militar de Santiago, Manuel Muñoz Mompó e Julio César Rodríguez Pérez; así como representantes da Policía Local e da Garda Civil de Noia.
A nivel político, canda o alcalde de Noia e concelleiros da corporación noiesa tamén asistiron a alcaldesa de Outes, Beatriz Molinos; os tenentes de alcalde de Ribeira, Emilio Pérez Outeiral; Porto do Son, María Maneiro Quintáns; e Lousame, Ramón Martínez Rial; o concelleiro de Seguridade de Porto do Son, Antonio Romero Ribeiro; e o ex alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceira Rivas.