Friday 22 de November de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado a XVI Festa do Galego, con obradoiros culturais, inchables e o mago Martín Camiña


Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá sábado 12 de maio, a partir das 10:30 horas, a XVI Festa do Galego, unha iniciativa cultural dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos. A festa comezará ás 10:30 horas cuns inchables e uns obradoiros culturais, que xirarán en torno á figura de María Victoria Moreno, escritora á quen están dedicadas as Letras Galegas de 2018.

Ás 12:00 horas, o ilusionista Martín Camiña presentará “Lingua do país”, un espectáculo lúdico e pedagóxico recomendado especialmente para un público familiar. Trátase dunha actuación en que maxia e lingua se mesturan. En caso de choiva forte, que non son previsibles, a XVI Festa do Galego trasladaríase ao polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra.