Friday 22 de November de 2024

Un total de 109 areais galegos lucirán o distintivo de bandeira azul este verán


A comunidade galega ocupa a primeira posición no número de recoñecementos para os sendeiros azuis cun total de 23, dos cales os sendeiros da Costa da Morte en Camariñas, o Paseo Ruta das Praias de Foz, e o tramo Areas-Punta Festiñazo do Sendeiro azul de Sanxenxo o reciben por primeira vez
A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2018. Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 109; que se eleva a 124 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 146 distincións.

Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,50) das 590 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (123 bandeiras).

Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego -e do conxunto do Estado- con máis bandeiras azuis, con 13 praias distinguidas. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que mantén as 9 acadadas en 2017; e a recuperación da bandeira azul para a praia de Santa Marta en Baiona; e de Areas e Caneliñas, en Sanxenxo.

Na provincia da Coruña, os municipios de Arteixo e Boiro son os que máis recoñecementos deste tipo obteñen este ano, con sete; seguido de Oleiros e A Coruña, con cinco areais distinguidos. As praias de Mañóns (Boiro), Razo (Carballo) e Oza (A Coruña) volven a sumarse aos listado de areais galardoados coa bandeira azul.

Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz é un ano máis o concello máis recoñecido, con cinco galardóns para as praias de Areoura, Peizás, Llás, As Polas e A Rapadoira; mentres que perde o distintivo para a praia da Pampillosa; e a praia do Portelo, en Burela, tamén lucirá este distintivo xunto coas praias da Marosa e Ril.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.

Cómpre destacar a primeira posición que ocupa Galicia en canto aos distintivos de sendeiros azuis, xa que suma 23 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sostible do litoral. (Ao final das táboas coa relación de bandeiras azuis para os areais galegos, indícanse os sendeiros distinguidos).

Portos deportivos, centros e sendeiros azuis
En relación aos portos deportivos, en 2018 Galicia obtén 15 galardóns, sendo a provincia da Coruña a primeira en encabezar a lista con sete portos, seguida por Pontevedra con seis e dous da provincia de Lugo.

É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 17 centros azuis, dous máis que na anterior edición, dun total de 74 en toda España. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul. O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Boiro, Muros, A Laracha, Camariñas, Burela e Cervo, por ser quen de manter estes recoñecementos.

A continuación detállase por provincias, concellos e areais e indicase en amarelo as praias con nova bandeira nesta edición:

PROVINCIA DA CORUÑA
Concello Praia
Boiro Barraña
Carragueiros
Mañons
Retorta
Barraña-Saltiño
Ladeira do Chazo
Piñeirón
Muros San Francisco
Dumbría Ézaro
Camariñas Arou
Laxe Laxe
Ponteceso Valarés
Ermida
Osmo
Carballo Razo
Saíñas
Pedra do Sal
A Laracha Caión
Arteixo O Reiro
Barrañán
Combouzas
Valcovo
Hucha
A Salsa (Repibelo)
Sabón
A Coruña Riazor
Orzán- Matadero
San Amaro
As Lapas
Oza
Oleiros Bastiagueiro
Mera
Espiñeiro
Santa Cristina
Naval
Miño Perbes- Andahío
Ferrol Doniños
San Xurxo
Esmelle
A Fragata- Pareixal
TOTAIS: 13 40

PROVINCIA DE LUGO

Concello Praia
O Vicedo Xilloi
Viveiro Area
Xove Esteiro
Cervo O Torno
Burela A Marosa
Ril
O Portelo

Foz Areoura
Peizás
Llás
As Polas
A Rapadoira
Ribadeo Os Castros- Illas
As Catedrais
TOTAL: 7 14

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Concello Praia
A Guarda O Muíño
Area Grande
Baiona Os Frades
A Barbeira
A Concheira
A Ribeira
Santa Marta
Nigrán Praia América
Panxón
Patos
Vigo O Vao
Argazada
Rodas- Illas Cíes
Figueiras- Illas Cíes
A Punta
Tombo do Gato
Fortiñón
Canido
Fontaiña
Redondela De Cesantes (dereita)
Moaña Praia do Con

Cangas do Morrazo Areabrava
Nerga
Menduiña
Melide
Areamilla
Liméns
Rodeira
Bueu Area de Bon
Portomaior
Lagos
Lapamán
Marín Aguete
Mogor
Portocelo
O Santo- Coviña
Poio Cabeceira

Sanxenxo Areas
Caneliñas
A Lanzada- O Espiñeiro
Canelas
Montalvo
Silgar
Bascuas
Major
Foxos
Areas Gordas A Lapas
Pragueira
Baltar
Paxariñas
Vilagarcía de Arousa Preguntoiro
Campanario
Illa de Arousa Area de Secada
Bao (Camaxe)
Ponte Caldelas Praia fluvial A Calzada
TOTAL: 14 55

Sendeiros azuis (novos en 2018)

Provincia Concello Sendeiro
A Coruña Camariñas Sendeiro Costa da Morte
Oleiros Costa Libre
A Laracha Sendeiro de Saldoiro
Boiro Sendeiro litoral de Boiro
A Coruña Senda Azul Litoral da Coruña
Carballo Senda de Mar: Razo-Baldaio
Arteixo Senda Litoral de Arteixo
Total 7

Lugo Burela Sendeiro azul Ruta litoral burelés
Foz Paseo ruta das Praias de Foz
Ribadeo Ruta do faro de Illa Pancha e As Aceas
Cervo Sendeiro azul do Torno
Total 4

Pontevedra Cangas do Morrazo Roteiro de Donón
Vigo Senda de ribeira e litoral Camiño á Beiramar
Senda entre faros, Islas Cíes-Vigo
Senda litoral e do Monte da Guía
Bueu Ruta de sendeirismo Cabo Udra
Illa de Arousa Senda perimentral Bao-Xastelas
A Guarda Senda litoral da Guarda
Nigrán Sendeiro litoral Praia América-Panxón
Baiona Sendeiro litoral de Baiona
Marín Ruta das praias e os cinco: Miradoiros de Marín
Ponte Caldelas Sendeiro azul do río Verdugo
Sanxenxo
(Rede de sendeiros azuis de Sanxenxo) Tramo Sendeiro máxico da Lanzada
Tramo Major- Montalvo
Tramo Montavo- Paxariñas
Tramo Canelas- Punta Cabicastro
Tramo Sanxenxo- Portonovo
Tramo Areas- Punta Festiñazo
Total 12