Saturday 16 de November de 2024

Visita do alumnado do Maruxa Mallo á biblioteca municipal de Ordes


A directora do CIM mantivo un encontro con todas e todos eles, aproveitando a celebración hoxe do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A biblioteca de Ordes acolleu a visita de máis de 70 alumnos e alumnas de 2º da ESO do IES Maruxa Mallo. Todas e todos eles coñeceron de primeira man as súas instalacións e recibiron información das actividades e servizos que se brindan dende este espazo, recentemente galardoado co premio María Moliner.

Aproveitando a celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia na Muller a directora do CIM de Ordes, Nazaret González, mantivo un breve contacto con todas e todos eles. Ela foi a encargada de falarlles da actividade que se leva a cabo coas vítimas da violencia de xénero, así como dos perfís aos que se atende dende o CIM de Ordes. Con iso preténdese concienciar aos máis novos sobre esta problemática, ademais de brindarlles consellos prácticos no caso de que se atopen con algún caso deste tipo.
Pola súa banda os alumnos, alumnas e profesores fixeron entrega dun exemplar de ‘Icía e Avoa’, especialmente dedicado pola súa autora Sabela Arias, profesora do IES de Ordes Maruxa Mallo.