Un total de 25 pinturas compoñen a nova exposición que se pode ver no Centro Cultural Lustres Rivas. Trátase de “Cores do mar de Arousa”, de Marisa Redondo, artista da outra banda da ría.
Para arroupar á autora, o inaugural contou coa presenza do alcalde Manuel Ruiz, o senador José Luis Torres Colomer, a concelleira Herminia Pouso e a deputada do Parlamento Galego Marta Rodríguez, ademais de numesoso público que se deu cita para a ocasión.
As obras integrantes de “Cores do mar de Arousa” evocan paisaxes coñecidas que nacen da area da praia e da forza do mar. Para isto, utiliza unha técnica mixta sobre lenzo e combina nas súas pinturas tons vermellos, verdes, dourados ou laranxas, que transmiten unha sensación de natureza salvaxe.
Ao longo da súa traxectoria, Marisa Redondo Sayáns ten exposto na Casa de Galicia en Madrid, no Club Náutico San Vicente do Mar ou na Sala Rivas Briones en Vilagarcía, entre outros lugares
A obra pode ser visitada ata o 26 de maio de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.