A mostra ‘Auga, o sangue da terra’, do fotógrafo Manuel Valcárcel, xa se pode contemplar en Ordes. O Museo do Traxe Juanjo Liñares acolleu a súa inauguración, a cal correu a cargo do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; do coordinador de Negocio Institucional Coruña de ABANCA, José Manuel Vilariño Orgeira; e da coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores Fernández. Precisamente as mesmas persoas que no seu día estamparon a rúbrica do convenio de colaboración que fixo posible que esta colección de fotografías colgue ata o 27 deste mes das paredes do dito museo. No acto tamén estiveroTampouco faltou a concelleira Susana García así como representantes da corporación local.
‘Auga, o sangue da terra’ valora a auga como elemento vital e amosa como inflúe a súa presenza ou ausencia nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas. Forma parte do proxecto Corrente Cultural, que permite difundir a arte máis aló das sedes de Afundación (Obra social ABANCA), trasladándoa a un amplo número de vilas galegas.