Saturday 16 de November de 2024

O alcalde recibe a Plataforma Queremos Galego


O alcalde recibiu no Pazo de Raxoi os representantes da Plataforma Queremos Galego, responsables da convocatoria da manifestación que o próximo 17 de maio percorrerá as rúas de Santiago baixo o lema “En galego, día a día”. Martiño Noriega expresou o seu apoio á marcha, que partirá ás 12:00 horas da Alameda.

Na reunión co alcalde participaron a coordinadora da Plataforma Queremos Galego, Mónica Pazos, e o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello. Ambos presentáronlle a Martiño Noriega o manifesto da convocatoria do 17 de maio, que reclama manter o galego vivo día a día no ámbito educativo, nos medios de comunicación, na xustiza, na administración pública, na produción editorial ou no sector económico.

A manifestación do 17 de maio partirá ás 12:00 horas dende a Alameda de Santiago. Na marcha poderase escoitar o manifesto gañador do Correlingua 2018, elaborado polo alumnado de 3ºC do IES Antón Fraguas de Santiago.