Co gallo do Día do libro alumnado e profesorado do CEIP ADR Castelao organizaron a I Feira do Libro Solidario, na que se intercambiaron exemplares de todos os xéneros por alimentos e produtos de hixiene. A cada título outorgóuselles un valor simbólico en 1, 2 e 3 quilos. Todo o recollido, máis dunha tonelada, foi doado ás familias máis necesitadas do municipio. Ademais, para promover este feira, convocouse un concurso de carteis cuxo gañador foi Iván Pérez, de quinto curso.