Fai uns días que remataron os traballos de acondicionamento do parque de Abesadas situado fronte ao colexio Galicia -no que a requerimento de moitos veciños da zona substituíuse a terra por un tipo de pavimento natural terrizo- e a explanada en cuestión vén de rexistrar unha serie de desperfectos ocasionados polo emprego de elementos (patinetes ou similar) para os que este tipo de superficie non é apta.
Por tal motivo, o Concello prohibirá na devandita explanada o uso de patinetes, patíns ou similares.
Operarios da empresa que acometeu a actuación, Arines Obras y Proyectos S.L., nos vindeiros días a reparar os desperfectos atopados.