O salón de actos do centro social polivalente de Brión acollerá mañá venres 27 de abril, ás 20:00 horas, un recital de cámara a cargo de cinco alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Magariños. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar aforo.
Un concerto no que actuarán Carmela Vieites Figueiras (clarinete), Eduardo Armstrong Fuster (guitarra), Marta Carballo Fidalgo (piano), Pablo Villar Abeijón (piano) e Xoán Casas Rodríguez (clarinete). Unha actuación organizada pola Escola Municipal de Música Magariños e conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.