Friday 22 de November de 2024

37 postos participarán este domingo na XXIII Feira da Plantación de San Sadurniño


A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño publicou esta tarde o listado de postos admitidos para a Feira da Plantación deste ano, que se desenvolverá o domingo 29 de abril. Ao remate do prazo de presentación de solicitudes recibíronse un total de 37 peticións, todas elas admitidas. 11 delas acomodaranse baixo a carpa principal, mentres que as restantes se distribuirán pola rúa paralela ao colexio público de acordo coa asignación de espazos feita polo Concello.

Cada un dos postos ten asignada unha hora de montaxe para que o evento poida arrancar entre as 9.30 e as 10.00h. Aínda que as protagonistas principais serán as flores e plantas, na feira tamén se atoparán produtos alimentarios frescos e transformados, ademais de artesanía relacionada co mundo vexetal e postos centrados na sostenibilidade.

O programa da feira conta tamén haberá dúas demostracións de elaboración de pementón -unha a partir das 12.00h. e outra das 17.00h. en diante- abertas a todas as idades. Para a rapazada maior de 3 anos organizouse un obradoiro gratuíto de fabricación de sacos aromáticos en horario de tarde -de 16.30 a 18.30h.- que se irá cubrindo por orde de chegada á actividade.

No transcurso da XXIII Feira da Plantación repetiranse os tradicionais sorteos de lotes de produtos da terra. O primeiro será ás 14.00h. e o segundo ás 19.00h., xusto antes da clausura. Os distintos postos entregarán un tique con cada compra que logo haberá que depositar na urna situada no expositor municipal, onde tamén se lle entregará a cada visitante unha planta como agasallo, en colaboración con Vivergal.

Cómpre lembrar, ademais, que dentro das actividades paralelas relacionadas co evento, o Concello organizou para a tarde do venres 27 a sesión técnica “Apostando polo sector primario”, que comezará ás 16.00h. na Casa da Cultura. Son tres charlas que abordarán aspectos relacionados co desenvolvemento rural e, concretamente, coa produción froiteira, a comercialización de proximidade e a apicultura. Os poñentes serán o enxeñeiro e membro da AGFA do Eume Ramiro Martínez, Carme Freire -representante da asociación Lentura- e o experto en apicultura Hugo Negrioli.

As charlas ofreceranse con entrada libre e gratuíta, en colaboración coa AGFA do Eume, a Asociación Agroecolóxica A Cortiña e a asociación Casa do Mel de Goente, con quen o Concello ten suscritos convenios para o desenvolvemento de accións formativas relacionadas co mundo rural.

NOME

METROS CONCEDIDOS

Nº DE POSTO

SITUACIÓN

HORA DE ENTRADA

Viveros Florgalicia S.L.

11

1

Carpa

8:00

Herbas de Caaveiro

11

2

Carpa

8:00

Viveros las Torres

7

3

Carpa

8:00

Viveiro O Pomariño

11

4

Carpa

8:00

Asociación Casa do Mel

4

5

Carpa

8:00

Viveiro O Castro

11

6

Carpa

8:00

Hortival Narón S.L

11

7

Carpa

8:00

Plantas A Lagoa

11

8

Carpa

8:00

Agronuquel

5

9

Carpa

8:45

Laura Rañal Méndez

5

10

Exterior

8:45

Carlos Pardo Álvarez

4

11

Exterior

8:45

Mª Belén Castro Rodríguez

3

12

Exterior

8:45

Lácteos Algra S.L

3

13

Exterior

8:45

Panadería Santa Cruz

5

14

Exterior

8:45

Casa Curtis

3

15

Exterior

8:45

José Luís Sanjurjo Vigo

15

16

Exterior

8:45

Francisca Castro Romero

5

17

Exterior

8:45

Juan Soriano García

3

18

Exterior

8:45

Vanessa Seco Blanco

3

19

Exterior

8:45

Bolboreta C.P.I San Sadurniño

3

20

Exterior

8:45

Queixeria Don Gabino

3

21

Exterior

8:45

Roberto Couto Gómez (Ecotes)

3

22

Exterior

8:45

Equisol Coop. Galega de Comercio Xusto

3

23

Exterior

8:45

Eva Mª Rey Timiraos

4

24

Exterior

8:45

María Isabel Botana Botana

5

25

Exterior

8:45

Matilde Ramos Rizos

3

26

Exterior

9:15

Asoc. Ve-la luz

3

27

Exterior

9:15

Luís García Rodríguez

6

28

Exterior

9:15

Begoña Bescos Castedo

3

29

Exterior

9:15

Majida Belmajdou Chafir

3

30

Exterior

9:15

Luisa Blanco Veiga

4

31

Exterior

9:15

Daniel Martínez Mellado

4

32

Exterior

9:15

Remedios Rodríguez

3,5

33

Exterior

9:15

Asoc. ConcienciArte

5

34

Exterior

9:15

AMPA C.P.I San Sadurniño

4

35

Exterior

9:15

AMPA C.P.I San Sadurniño

4

36

Exterior

9:15

Fundación Neuroblastoma

3

37

Exterior

9:15