Friday 22 de November de 2024

O carballés Javier Ramilo Queijo, da escudería Yacar Racing, gaña o II RallyMix Concello de Touro


O II RallyMix Concello de Touro celebrouse durante o fin de semana nas pistas de Loxo con afluencia de pilotos e de uns 5.000 afeccionados ao motor procedentes de toda Galicia

O piloto carballés Javier Ramilo Queijo, da escudería Yacar Racing, gañou o II RallyMix Concello de Touro que se disputou o 21 de abril de 2018, e domingo 22 de abril de 2018. O tempo total empregado por Javier Ramilo, que utilizou un Yacar Cross, en percorrer as cinco mangas da proba foi de 30.26.506. O segundo clasificado do II RallyMix Concello de Touro foi Abel Jurado, gañador fai dous anos do I RallyMix Concello de Touro. O piloto asturiano, tamén da escudería Yacar Racing, utilizou un Yacar JS e empregou nas cinco mangas da proba un tempo de 30.47.435, a 20.929 do gañador. O terceiro lugar na clasificación final desta proba valedeira para o Campionato de Galicia RallyMix 2018 ocupouna Alejandro Fariña, da escudería Desgüaces Tino Racing, que correu cun Kincar. O seu tempo nas cinco mangas: 30.48.091, a 21.585 do gañador. Destaca, pola súa banda, o cuarto puesto obtido polo corredor local César Garabatos Rodríguez, da escudería Touro Motor e que utilizou un Car Cross. Garabatos logrou un tempo de 31.32.290, a 1.05.784 do gañador.

O gañador do II RallyMix, actual subcampiónn galego e broce nacional, foi o gañador das tres mangas celebradas o sábado e da primera de hoxe domingo. A última manga  foi para Alejandro Fariña Núñez, que finalizou terceiro na clasificación xeneral.

Gañador en carrozados

Pola súa banda, en coches carrozados o gañador foi Perfecto Calviño, que correu cun Peugeot e quedou séptimo na clasificación xeral. Este piloto, da escudería Yacar Racing, empregou 31.48.473 en percorrer as cinco mangas. O segundo de carrozados: Celestino Iglesias, da escudería Desgüaces Tino Racing, que utilizou un Ford Fiesta. O seu tempo total: 32.02.981. Quedou de noveno na clasificación xeral. E o terceiro posto desta categoría levouno Sandra García Cambón, do Yacar Racing, e que utilizou un Peugeot 208. O seu tempo total: 33.11.575.

O II RallyMix Concello de Touro aportou espectáculo ás estradas que conformaron o circuito de arredor de dez quilómetros nos arredores da parroquia de Loxo. Saídas de pista e espectaculares derrapaxes fixeron as ledicias dos miles de afeccionados ao automobilismo que durante a fin de semana se achegaron ata Touro. Participaron 67 equipos cos seus pilotos nesta proba organizada pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo da Xunta de Galicia e do Concello de Touro e valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2018. Foi un fin de semana para os amantes do motor. Os organizadores de Touro Motor, que capitanea José Ramón González, destacaron que arredor de 5.000 afeccionados achegáronse ata Loxo durante todo o fin de semana. Destacaron tamén que a proba celebreouse sin ningún incidente reseñable y cumplido os horarios previstos. “Creemos que foi un éxito dende o punto de vista da organización e tamén da afluencia de afeccionados ao deporte do montor”, destacan dende Touro Motor, una das escuderías máis dinámicas e con iniciativa de toda Galicia.

O domingo disputáronse dúas mangas. A primeira proba foi ás 10.00 horas; e a segunda celebrouse a partir das 12.00 horas. Xa ás 16.30 horas foi a entrega de trofeos.