Tras un invetimento de máis de 23.500 € o Concello levou a cabo as obras de asfaltado durante esta semana. Tamén se interviron 26 metros de beirarrúas. A día de hoxe xa está restablecido o tránsito de vehículos e peóns
O Concello de Ordes investiu máis de 23.500 euros no arranxo e mellora do enlace na N-550 coa rúa Mediodía.
Tal e como se especifica na memoria do proxecto procedeuse coa reparación do pavimento con aglomerado en quente, previo fresado do xa existente. Hai que engadir tamén o arranxo de 26 metros cadrados de beirarrúa, con características moi similares á xa construída anteriormente. Tamén se procedeu coa execución de 3 arquetas con sumidoiro, a adaptación doutras 12 á nova rasante e novos pasos de peóns elevados sobre aglomerado, incluíndo un na rúa Víctor González Faya. Finalmente ralizáronse labores de repintado.
As obras, levadas a cabo na súa maior parte durante esta semana, xa están rematadas, quedando xa restablecido o tráfico de vehículos e peóns.