Saturday 16 de November de 2024

Máis de 500 escolares asisten a Radio Bule Bule no segundo día da Feira da Educación


Máis de 500 escolares de infantil e primaria acudiron á carpa de usos múltiples municipal para asistir á actividade Radio Bule Bule, con Paco Nogueiras: iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro da V Feira da Educación de Riveira.

Esta segunda xornada de feira acolleu tamén accións tan interesantes como ub obradoiro de ultralimentos de Lucas Requejo ou outro de robótica educativa.

A programación prosegue esta tarde coa conferencia “Refuxiados”, de Aministía Internacional co colexio Galaxia, así como un concerto didáctico do Conservatorio de Riveira, un obradoiro de escultura con Gonzalo Sarasquete ou o espectáculo de humor e poesía “Cría fama e botate a correr”, de Aldoado.

PROGRAMACIÓN

Venres, 20 de abril pola mañá

Salón de actos do Auditorio

Espectáculo: Orbitamos. Astronomía próxima. Vicente Mohedano. Divulgador científico
Achegámonos á Astronomía mediante o xogo e a visualización dos obxectos máis interesantes. O arquipélago de Sálvora é un dos seis espazos “Starlight” que hai en España, lugares onde a observación astronómica é un dereito e un gran pracer pola nula contaminación lumínica; polo tanto é de especial interese que saibamos o que vemos…
Hora: 10 h
Dirixido a: 5º e 6º de primaria (100 máximo)

Mostra de coreografía. CPR A Milagrosa
Hora: 11.30 h (10 minutos)
Lugar: salón de actos do Auditorio
Dirixido a: 6º de primaria, ESO e bacharelato
Charla: Viaxe á Antártida. Luís Sampedro. Dr. en Bioloxía pola USC, investigador do CSIC
Hora: 11.30 h
Dirixido a: 6º de primaria, ESO e bacharelato

Charla: Estás seguro do que ves? Casto Rivadulla. Dr. en Bioloxía, pertence ao grupo Neurociencia e control motor da UDC
Hora: 12.30 h
Dirixido a: 6º de primaria, ESO e bacharelato

Planta superior do Auditorio

Obradoiro de Robótica Educativa. We Robots
Lugar: planta superior do Auditorio
Hora: 10 h (1 hora)
Dirixido a: estudantes de 8 a 10 anos (12 persoas)

Receita de cociña creativa. CPR A Milagrosa
Hora: 10.00 h (50 minutos)
Lugar: Planta superior do Auditorio
Dirixido a: 1º a 4º de primaria (25 persoas máximo)

Obradoiro de artes plásticas:A emigración no buque Santa Isabel de Fernando Yáñez.
Hora: 10.00 a13.00 h
Dirixido a: rapaces e rapazas de primaria (25 máximo)

Performance: Arte en movemento
Charla coloquio: Diversidade e arte. Asociación Ambar
Hora: 10.30 h (40 minutos)
Lugar: Planta superior do Auditorio
Dirixido a: Bacharelato (50 persoas máximo)

Obradoiro de Robótica Educativa. We Robots
Lugar: planta superior do Auditorio
Hora: 11 h (1 hora)
Dirixido a: estudantes de 11a 13 anos (12 persoas)

Obradoiro: Aquologia. Aula de consumo responsable da auga. Viaqua
Hora: 11.00 (50 minutos)
Dirixido a: infantil e primaria (25 persoas)

Exhibición de robótica do IES Nº 1
Hora: 11.30 h
Dirixido a: estudantes de primaria e/ou secundaria

Obradoiro: Aquologia. Aula de consumo responsable da auga. Viaqua
Hora: 12.30 (50 minutos)
Dirixido a: ensino secundario (25 persoas)

Obradoiro de Robótica Educativa. We Robots
Lugar: planta superior do Auditorio
Hora: 12.30 h (1.5 horas)
Dirixido a: estudantes de14 anos en diante (12 persoas)

Venres, 20 de abril pola tarde

Planta superior do Auditorio

Libros libres. Campaña dinamización da lectura da Biblioteca Municipal con volumes gratuítos para levar
Hora: 16.00 a 21.00 h

Obradoiro de iniciación á escultura: A máscara teatral con Gonzalo Sarasquete.Interpretación das máscaras da obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
Hora: 16.00 h (2 horas)
Dirixido a: público xeral (desde 6 a 100 anos…)

Exhibición de robótica. Rockbotic
Hora: 17.00 h
Dirixido a: público xeral (desde 6 a 100 anos…)

Charla: Coidamos a auga.LlerenaPerozo
(entregarase un exemplar do libro Unha gota é un océano ás persoas participantes, ata rematar as existencias)
Hora: 18.00 h
Dirixido a: público xeral (desde 6 a 100 anos…)

Obradoiro de danza con Carla Riande. Nume, espazo creativo
Hora: 19.00 h
Dirixido a: público xeral (desde 6 a 100 anos…)

(20.30 h. Salón de Plenos da casa do Concello: Presentación da novela Un home estraño de Antonio Tizón)

Breve historia do teatro. Óscar Romero, director do Grupo de Teatro Municipal
(No salón de actos do Auditorio)