Máis dun cento de veciños e veciñas de Brión ateigaron esta fin de semana a praza do Concello durante a celebración do “Festival de Primavera”, organizado polas Escolas Municipais de baile e música tradicional de Brión. O tempo acompañou, o que permitiu a celebración de todas as actuacións previstas: pandereteiras, grupo de baile e grupo de gaitas. A actuación rematou con todos os presentes enchendo a praza brionesa e uníndose ao baile dos nenos e nenas.