Puxo en marcha unha campaña conxunta coas entidades veciñais para localizar aos donos das parcelas que constitúen un risco de incendio e que se atopan sen rozar. Entregóuselles o listaxe das fincas privadas “sen dono aparente” de cada unha das parroquias e as asociacións de veciños están a facer un traballo impagable
Ante a chegada do período estival, de máximo risco para incendios forestais, faise indispensable que os particulares propietarios de fincas e montes adopten as medidas preventivas necesarias para preservar o medio ambiente e a seguridade dos seus veciños. O Concello puxo en marcha unha campaña conxunta coas entidades veciñais para localizar aos donos das parcelas que constitúen un risco de incendio e que se atopan sen rozar. Entregóuselles o listaxe das fincas privadas “sen dono aparente” de cada unha das parroquias e as asociacións de veciños están a facer un traballo impagable.
O alcalde, Óscar García Patiño, agradece o labor dos veciños para atopar aos propietarios destan fincas que teñen que ser limpadas antes de que chegue o verán. Lembra que as sancións por non limpar este tipo de parcelas que presentan un risco para a seguridade de veciños e do medio ambiente pueden alcanzar os 100.000 euros e que poden chegar incluso ata 1.000.000 de euros para os supostos de extrema gravedade.
Neste senso, o departamento de Urbanismo localizou a 203 parcelas sen limpar e que presentan un serio perigo para os veciños e as súas vivendas ante o risco de incendio forestal de cara ao verán. Das 203 propiedades privadas con maleza, no 2017 limpáronse 64 e 40 non respostaron a petición do Concello.
E, por outra banda, localizáronse outras 99 fincas de donos descoñecidos ou sin posibilidade de contacto, polo que optouse por publicar no BOP as parcelas para que os donos actúen antes de que o faga o Concello.
Asemade, colocouse un bando polo Concello co obxectivo de que os propietarios tomen as medidas axeitdas coas súas fincas. “Antes da chegada do período de máximo risco, recórdase aos veciños cales son as súas obrigas de prevención de incendios, que deben ser cumplidas antes do fin do mes de maio de cada ano. Os propietarios teñen que manter limpas as súas leiras co fin de evitar incendios”.
O medio rural constitúe un patrimonio de valor incalculable para todos, tanto polo seu valor ambiental, como paisaxístico ou económico; non obstante, este importante patrimonio está sendo ameazado pola propagación dos incendios forestales.