A data límite de entrega de traballos será o día 30 de abril de 2018
O Concello de Cambre pon en marcha o Certame literario de Poesía, narración breve e microrelato no que poderán participar calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos. Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das tres modalidades: Poesía, Narración breve e Microteatro.
Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres.
Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
Na modalidade de Microteatro a extensión será de entre 5 e 10 páxinas, a unha soa cara, con tema libre.
Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. Deberán estar escritos con ordenador, en papel de tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e cinco copias nun sobre no que figure: XXV CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración, poesía ou microteatro).
O importe dos premios será de:
CATEGORIA a: 1º Premio: 173,00 € 2º Premio: 128,00 €
CATEGORIA b: 1º Premio: 218,00 € 2º Premio: 150,00 €
CATEGORIA c: 1º Premio: 300,00 € 2º Premio: 173,00 €
A data límite de entrega de traballos será o día 30 de abril de 2018.
A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no Salón de Actos do instituto de secundaria Afonso X O Sabio, o 1 de xuño de 2018, ás 12:30 horas.