Friday 22 de November de 2024

O Concello de Touro acolle este fin de semana o seu II RallyMix


O Concello de Touro acolle o próximo fin de semana o seu II RallyMix Concello de Touro, que terá lugar os días 21 e 22 de abril nas pistas de terra e de asfalto da parroquia de Loxo, Concello de Touro (Concello de Touro). O II RallyMix de Touro, organizado pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo,da Xunta de Galicia e do Concello de Touro, é valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2018. Esta é a segunda proba do campionato.

O RallyMix conta cunha parte do trazado sobre asfalto e outra parte sobre terra. O trazado no que se fará esta proba ten unha lonxitude de 10 quilómetros. E a terra representará o 70% do trazado e o resto será asfalto (30%). O circuito discurrirá nas proximidades de Loxo. O sábado 21 de abril comenzarán a primeira hora as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas está previsto o recoñecemento dos tramos polos pilotos. A primeira manga empezará ás 12.30 horas. E haberá outras dúas mangas nese día, que comenzarán unha ás 15.30 horas e a última, ás 17.30 horas. O domingo día 22 de abril contará con dúas mangas. A primeira proba ese día está prevista para ás 10.00 horas; e a segunda será a partir das 12.00 horas. Xa ás 16.30 horas será a entrega de trofeos.

Touro Motor confía en que acuda numeroso público e afeccionados a presenciar a proba puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2018. Hoxe ás 20.00 horas remata o prazo para que os pilotos poidan apuntarse. José Ramón González confía en que compitan arredor de uns 50 pilotos procedentes de toda Galicia e de Asturias..